martes, 23 de enero de 2018

2ª ESO opina sobre o Taller Cores de Consumópolis.

 O luns 22 de xaneiro viñeron a darnos unha charla dúas talleristas  de Consumópolis para informarnos de varios conceptos da publicidade. Faláronnos tanto da música e das cores que se poden utilizar para que sexa máis eficaz a mensaxe como do que non se pode facer ou mostrar na publicidade. Por exemplo, a música marchosa acelera a compra e fai que pensemos menos; pero polo contrario, non se poden mostrar contidos ofensivos como sexismo, racismo ou clasista.
 As distintas estratexias publicitarias están moi estudiadas en función do público ao que se dirixen. Utilízanse debuxos animados para captar a atención dos cativos, personaxes famosos (futbolistas, cantantes, actores e actrices) para a xuventude.
 Pareceunos especialmente interesante a parte na que nos explicou o tipo de música utilizado para diferentes clases de anuncios e cando vimos as posibilidades de facer o cartel da 2ª fase do concurso Consumópolis.
2º ESO A

martes, 9 de enero de 2018

Ilusións en Decembro.


Coincidindo co fin do primeiro trimestre a profesora de psicoloxía ofreceunos a posibilidade de ter a visita dun mago, o mago Álex, e por suposto gustounos a idea. Explicounos mediante trucos máis detalladamente o que anteriormente nos expuxeran os nosos compañeiros na clase relacionado coa Gestalt. Captou a nosa atención dende o principio realizando diversas ilusións ópticas que nos fixeron disfrutar da actuación.

Unha das cousas que máis nos gustou foi a súa forma de organizar o espectáculo. As bromas foron un elemento fundamental e a súa maneira de acercarnos aos seus coñecementos cautivounos totalmente, chegando a que non quixeramos marchar de alí.

Sorprendeunos gratamente a súa posta en escena como se de unha "matrioska" se tratase:  cada suposta explicación implicaba outra ilusión. Sen dúbida todos coincidimos en que un dos mellores trucos foi o do ovo.

Grazas á simpatía do mago Álex, podemos decribir esto como unha experiencia que nos gustaria repetir.

Mago Álex, esperamos volver a verte pronto!!

2ºBAC A e B.