domingo, 16 de octubre de 2016

O sistema nervioso


O sistema nervioso (SN) está formado por o sistema nervioso central (SNC) e o sistema nervioso periférico (SNP)
O SNC está formado polo ENCÉFALO e pola MÉDULA ESPIÑAL. O encéfalo é a parte máis importante do SN e encargase de xerar consciencia, recordar, soñar, inventar...é o que nos fai humanos. A médula espiñal exténdese dende o pescozo ata a cintura.
O SNP está formado polos nervios que conectan a rexión central co resto do organismo.
O SNC está protexido polo cráneo, por unhas membranas chamadas meninxes e por unha capa de líquido chamado líquido cefalorraquídeo, que se mete no interior do encéfalo e rechea unhas cavidades famadas ventrículos e recorre o interior da médula espiñal por un buraco, o canal central. (Nalgunhas enfermidades tómanse mostras deste líquido: as puncións lumbares.)
O encéfalo dividese en:
Cerebro
Ocupa a maior parte do cráneo. Está dividido en dúas mitades ou hemisferios. Está formado por catro partes ou lóbulos: frontal, parietal, occipital e temporal.
Tálamo
Está rodeado polo cerebro e dividido en dúas mitades; cada unha delas ten forma de ovo de galiña pero máis pequeno. É a porta de entrada do mundo exterior hacia o cerebro xa que regula a información que entra polos sentidos
Cerebelo
Sitúase na zona da caluga. Refina as ordes de movemento que o SN envía aos músculos: postura do corpo e equilibrio, movementos oculares durante a fixación da vista, ten que ver con tarefas congnitivas relacionadas coa linguaxe; en definitiva é o reponsable de que fagamos movementos sen ter que pensalos.
Tronco encefálico
Dende o punto de vista evolutivo é a parte máis primitiva e regula automaticamente funcións vitais como a respiración o ritmo cardíaco.


No cráneo temos células de dous tipos:
v  Celulas nerviosas ou neuronas.
As dúas cousas que as fan tan especiais son a súa capacidade para xerar electricidade e a forma que teñen.
A maioría das celulas animais son de forma esférica e miden unhas poucas micras de diámetro (milésima parte dun milímetro). As neuronas poseen tamén unha parte asi, o soma, pero ademais teñen finas prolongacións que poden chegar a medir mais dun metro. Constitúen un sistema de comunicación moi sofisticado: as células especializadas en recibir información doutras chamanse dentritas; as especializadas en envíala chamanse axións, finas e alargadas. Cada neurona ten un único axión, que se ramifica para contactar con moitas outras células.
A rexión de contacto entre dúas neuronas ou unha neurona e outro tipo de célula chamase sinapsis.

Cada neurona recibe un promedio de información mediante unhas 10.000 sinapsis e envía información mediante unas 1.000. Calcúlase que o encéfalo ten unhs 86.000 millóns de neuronas. Delas, case 70.000 millóns están no cerebelo, e o resto, principalmente no cerebro.
As neuronas comunícanse mediante unha combinación de sinais eléctricos e mensaxes químicas. Cada neurona ten unha carga eléctrica similar á que ten unha bateria coornte. O soma pode descargarse  recargarse de xeito brusco (en menos de un milisegundo)e xerar así un sinal eléctrico que viaxa polo axión. Cada una destos sinais eléctricos que viaxan ao longo dos axiones chámase potencial de acción. Para entendelo ben, temos que ter en conta que as neuronas, como as outras células, teñen unha membra que as rodea e que está chea de pequenas comportas que podense abrir e cerrar moi rapidamente. Por elas entran e saen os ions da célula, que son partículas con carga eléctrica.
Cando un potencial de acción chega ao final do axión, esa rexión libera ao exterior algún tipo de sustancia química que afecta dalgún xeito a outra célula: son os neurotransmisores. Este proceso coñécese como sinapsis química (se non interveñen neurotransmisores, falamos de sinpsis eléctrica)

v  Celulas gliales.
O seu número é similar ao das neuronas pero non xeran sinais eléctricos. Entre outras cousas, forman un sustento físico que protexe ás neuronas e colaboran na nutrición das mesmas e controlan o paso de sustancias químicas dende o sangue.

Bibliografía
Xurxo Mariño: Neurociencia para Julia. Ed Laetoli.
Eva Garea: Psicoloxía. Ed. Xerais

VÍdeos: Activando o sistema nervioso.
             Neuronas espello 

Práctica: Transmisión do impulso eléctrico a travésda sinapsis eléctrica.



sábado, 17 de septiembre de 2016

Viaxe a máquina da mente.

Nos anos 70, Julia tivo a sorte de que o poeta Juan Agustín Goytisolo lle regalase as súas palabras. Agora en pleno século XXI, Julia recibe outro presente, as explicacións sobre neurociencia de Xurxo Mariño. Estamos de sorte por dúas razóns: temos un manual sinxelo, entretido pero riguroso para iniciar a viaxe desta materia de 2º de Bacharelato. Ademáis, o propio autor, profesor do Departamento de Mediciña na Universidade da Coruña presenta o seu libro neste vídeo: