miércoles, 5 de abril de 2017

Angel Carracedo fala en Carballo sobre as enfermidades mentais.


O pasado xoves 16 de marzo asistimos a unha conferencia do doutor Angel Carracedo sobre as enfermidades mentais máis frecuentes en España.
A xenómica danos as ferramentas para buscar o compoñente xenético da enfermidade.
Ao redor dun 25% de nós imos chegar a ter un trastorno ao longo da nosa vida, é dicir, 1 de cada 4 persoas acabara tendo problemas mentais.
TEA: (Trastorno do espectro autista) as persoas que o padecen presentan problemas de socialización, comunicación; e a maioría presenta algún tipo de discapacidade intelectual mentres que uns poucos (antes denominado sindorme de Asperger), son superdotados. É un trastorno puramente biolóxico e presenta unha gran % hereditaria( prodúcese ao carecer dunha copia de Adn ou ao ter unha de mais ).
Nunha familia, se un fillo ten autismo, o segundo terá un 18% de posibilidades de padecelo.
O 10 dos que padecen DOWN tamén padecen TEA. Ademais estas persoas poden padecer síndrome de Williams, neste caso as persoas que o sofren experimentan hipersociabilidade aínda que con un déficit de intelixencia. Ou tamén poden padecer o síndrome da X fráxil que é a discapacidade xenética mais importante (atraso mental e dificultade de aprendizaxe).
Actualmente están dividindo o TEA nunha serie de grupos de enfermidades “raras” co obxectivo de buscar un tratamento mais especializado para cada tipo.
TOC: (Trastorno Obsesivo-compulsivo) son manías que chegan de algún modo a afectar a vida do paciente. Un 70% dos casos cúranse con antidepresivos e con terapia condutivo-conductual , en un 90% dos casos curase co tempo. Co obxectivo de aliviar a angustia implántanselles eléctrodos no cerebro (para que non sufra). Pode ter unha orixe autoinmune como a infección de garganta e problemas como a soriase etc.
TDAH: (Trastorno deficit de antención e hiperactividade) problema moi relacionado con ambiente, a unha situación social e ao sistema educativo. Os países que teñen un sistema educativo que segue o curso de maduración dos alumnos, teñen menos risco de padecer TDAH. Quen o padece presenta impulsividade, déficit de atención e hiperactividade. A xente que padece TDAH ten grandes posibilidades de posuír un alelo longo (AAA), moi frecuente en pobos nómades o que teñen en común os individuos pertencentes a estes grupos cos que padecen TDAH e a incapacidade de estar quietos.
Pude ser tratado cun derivado das anfetaminas (metilfenidato) que sorprendentemente relaxa. Se non é moi grave pode ser tratado con terapia condutual.

DOWN: As persoas que o padecen presentan unha alteración dun cromosoma. Son persoas que mostran algún tipo de discapacidade intelectual pero que son sociables e capaces de desenvolverse con certa autonomía.


                                           2º Bac de Psicoloxía.