martes, 19 de septiembre de 2017

Para empezar o curso 2017-18.

15 documentais sobre Psicoloxía imprescindibles


 Psicoloxía social.

1. The Act of Killing (2012)
Durante a Guerra Fría, o coronel Suharto chegou ao poder en Indonesia mediante un golpe de estado. A partir de entón, dirixiu unha campaña de asasinato masivo de comunistas que se saldou coa morte de miles de civís. The Act of Killing é un documental nomeado ao Óscar a Mellor longametraxe documental no que Anwar Congo e Herman Koto, dous antigos mercenarios ás ordes de Suharto, explican e recrean os crimes de asasinato que cometeron anos atrás como parte do seu traballo.
2. A Doutrina do Shock (2009)
Un referente nos documentais sobre psicoloxía social. Trátase dunha película baseada no famoso libro que Naomi Klein publicou en 2007 e que recibe o mesmo nome. Nel, explícase como certas medidas políticas impopulares poden ser implementadas servíndose do medo para crear un estado de excepción permanente.
3. Guerra Psicolóxica (2010)
Este documental céntrase nas manobras e técnicas coas que recentemente se dirixiu a opinión pública cara a certos temas facendo que millóns de persoas pensen dunha maneira determinada mediante a propaganda e as Relacións Públicas.
4. Manufacturing Consent. Noam Chomsky and the Media (1992)
O filósofo e lingüista Noam Chomsky relata as formas nas que se engana ao gran público, ás veces publicando datos falsos e ás veces omitiendo información importante, para que os cidadáns do montón non poidan tomar decisións libremente. Chomsky argumenta que non é necesario censurar para crear estados de opinión uniformes e predicibles: para conseguir isto, basta con arroxar cantidades inxentes de datos pouco significativos que enmascaren a ausencia de información importante.

Documentais sobre Psicoloxía educativa

5. The Finland Phenomenon (2011)
Este é un documental sobre  psicoloxía educativa e educación por valores. Nel examínase o sistema de ensino máis admirado do mundo: o finlandés.
6. A Educación Prohibida (2012)
Película independente arxentina que se centra nos problemas da educación convencional os seus efectos sobre a mocidade. Propóñense outros modelos de sistema educativo.

Psicoloxía e neurociencia

6. Mystical Brain (2006)
Un grupo de investigadores da University of Montreal estudan os procesos neuronais que ocorren durante a meditación e as experiencias místicas.
7. Total Isolation (2008)
Que pasa cando o teu cerebro é deixado totalmente a soas, privado de estímulos? Este documental responde á pregunta investigando a actividade cerebral de persoas en illamento total.8. O Home con 7 Segundos de Memoria.
8. El Hombre con 7 Segundos de Memoria
Este breve documental examina a vida de Clive Wearing, un home que, debido a unhas lesións no hipocampo,  sofre amnesia retrógrada e anterógrada, igual que o protagonista de Memento. Cada 7 segundos, os seus recordos inmediatos desvanécense.
9. Is Seeing Believing? (2010)
Un percorrido polos procesos cerebrais e fisiolóxicos que explican as ilusións ópticas. Neste fragmento explícase o Efecto McGurk.

Psicoloxía do desenvolvemento

10. Why Do We Talk?
Os  mecanismos da linguaxe, expostos neste interesante documental. Imprescindible para aqueles estudantes ou psicólogos interesados no desenvolvemento da linguaxe.
11. The Secret Life of the Brain (2002)
Céntrase no desenvolvemento do  cerebro humano (e as etapas psicolóxicas que acompañan o proceso) ao longo da vida das persoas.

Psicoloxía e trastornos mentais

12. María e eu (2013)
Documental centrado no  autismo que analiza o caso concreto dunha persoa con este trastorno. valioso se queres coñecer de primeira man como é unha persoa autista.
13. O meu Fillo Bipolar
Fala sobre a crianza e convivencia con mozas con trastorno  bipolar.
14. 1% Esquizofrenia (2006)
Película contra a frivolización e os prexuízos asociados á  esquizofrenia. Dirixida por Ione Hernández e producida polo recoñecido Julio Médem.

Psicoloxía económica

15. Mind Over Money (2010)
O documental explora os factores psicolóxicos que se atopan detrás da toma de decisións e a  xestión das finanzas e a economía.




No hay comentarios:

Publicar un comentario